Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa


Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa -  - 9788499149004
EAN: 9788499149004
Editado por: Xerais de Galicia
Materia: Biografías
Idioma:Gallego
Publicado el: 10 Septiembre 2015
Nº Edición: 1
Nº páginas: 368
Encuadernación: Rústica

Sin stock actualmente, disponible bajo pedido

comparte tu valoración:
Ramón Cabanillas, o «poeta arelado», é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de “Vento mareiro” á dignificación de Galicia e á construción do galego literario, e sobre a presenza do mar da Arousa na súa obra e na doutros escritores, mesmo da Galicia interior, o que fai que ese mar sexa o de maior presenza na literatura galega moderna.
Os textos, redactados entre 1999 e 2014 (agás dous do 1977), agrúpanse en cinco apartados: I) a memoria e as paisaxes de Cambados, II) notas biográficas e literarias de Cabanillas, III) a fala de Fefiñáns e a lingua literaria do escritor cambadés, IV) o mar en Cabanillas e o literario mar da Arousa, V) reivindicación e valorización de Ramón Cabanillas, símbolo do movemento agrarista e poeta das Irmandades da Fala, que no «inverno» franquista mantivo o compromiso co idioma e que nos anos cincuenta se embarcou na resistencia cultural do galeguismo.